Foi presentada na Oficina de Turismo de Sarria (Antiga Prisión Preventiva) a mostra itinerante "PARADELA, SENDA INFINITA", que co gallo da celebración do bicentenario do Concello de Paradela, repasa a historia do mesmo ao longo de 16 paneis. A mostra conta co patrocinio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia, Abanca e Endesa, e este ano está a percorrer os concellos do Camiño Francés na nosa comunidade.