Novas

Foi inaugurada no Concello de Becerreá a mostra itinerante "NO CAMIÑO", que co subtítulo "As imaxes que viron os peregrinos" recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte. A mostra conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e actualmente está a percorrer os Camiños de Santiago por toda Galicia.

Seguir Lendo →

O Colectivo Egeria segue adiante co seu novo proxecto "Máis aló do Camiño", que recompila as súas dúas mostras itinerantes sobre o Camiño de Santiago: "O fin do Camiño" e "No Camiño". Estas dúas exposicións foron inauguradas o venres 22 de xullo nas bibliotecas de Pontevedra e A Coruña, respectivamente.

O Fin do Camiño, en Pontevedra

Seguir Lendo →

O Colectivo Egeria vén de presentar o seu novo proxecto "Máis aló do Camiño", que recompila as súas dúas mostras itinerantes sobre o Camiño de Santiago: "O fin do Camiño" e "No Camiño". Estas dúas exposicións foron inauguradas o venres 15 de xullo nas bibliotecas de A Coruña en Pontevedra, respectivamente.

O Fin do Camiño, en A Coruña

Seguir Lendo →

Celebra Paradela o bicentenario como Concello, con retraso porque o Covid o aprazou, acaendo ben neste Xacobeo prolongado por ser Paradela fito no Camiño Francés, e por iso erixiu a estatua obra de Cándido Pazos, dun Cabaleiro de Santiago, Orde defensora do Camiño e dos peregrinos, que naceu no antigo mosteiro paradelense de Loio.

Seguir Lendo →

Os dez poemas galegos de Francisco Vega Ceide -Francisco de Fientosa- edítanse nos cinco idiomas ibéricos polo Colectivo Egeria, para conmemorar os 110 anos do nacemento do escritor en maio de 1912 no Cordón, da parroquia de Santa Locaia do concello lucense de Castro de Rei. A edición está apoiada pola Xunta de Galicia (Política Lingüística) e o Concello de Castro de Rei.

Seguir Lendo →

O 22 de maio de 1912 naceu no Cordón, de Santa Locaia (Castro de Rei) Francisco Vega Ceide, Francisco de Fientosa, considerado polos devotos da súa obra como “O Lorca galego”. Morreu de xeito alevoso no Madrid de 1936, con vinte e catro anos de idade, cando xa era autor dunha obra narrativa e poética, especialmente en castelán, que o elevou a categoría dos grandes da escrita.

Seguir Lendo →

Este ano, despois dos retrasos causados polo COVID, o Concello de Paradela celebra os seus primeiros 200 anos, con moi numerosos actos e actividades, dos que este domingo, 15 de maio, se poderá gozar do primeiro, unha importante exposición de 26 paneis con 725 fotos de Paradela e as súas xentes, que permanecerá aberta ata o final deste ano.

Seguir Lendo →

Tivo lugar na Casa do Concello de Rábade a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. No acto participaron a concelleira de Cultura de Rábade, Mª José De Arriba; a viúva do escritor, Irene López; seu fillo, Santiago Rodríguez, e o presidente del Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Tivo lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez.

Seguir Lendo →

Na Facultade de Filosofía da USC foille rendida unha homenaxe ao profesor e escritor Pedro Rubal Pardeiro, con motivo dos seus noventa anos, acto no que participaron, ademais do homenaxeado, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o Decano da Facultade de Filosofía da USC, Marcelino Agís; e o Presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →