Novas

A Casa da Cultura da Fonsagrada acolle desde onte a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará na Fonsagrada ata o 21 de xullo, foi inaugurada nun acto no que participaron Juanjo Molina, director do Museo da Fonsagrada, e Xulio Xiz, presidente de Egeria.

Seguir Lendo →

Celebrouse onte na sede da UNED en Lugo a derradeira das seis sesións de LUGOPOÉTICA 2026, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia, e que celebrou este ano a súa terceira edición. Coa coordinación de Xosé Carlos Ulloa, leron e comentaron os seus poemas as creadoras Ana Mar Fraga Rábade e Mari Luz Balsa Rábade. O acto comezou con palabras de Raquel Iglesias, da UNED Lugo.

Seguir Lendo →

A Casa da Cultura de Burela acolle desde hoxe a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará en Burela ata o 1 de xullo, foi inaugurada nun acto no que participaron Carmela López, alcaldesa de Burela; Lina Gómez, concelleira de Cultura; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.

Seguir Lendo →

Vén de presentarse no salón de Plenos do Concello de Lugo o libro ASPNAIS: 60 ANOS, 100 OLLADAS, do que son responsables Antonio Giz e Xulio Xiz, do Colectivo Egeria, que recolle un total de cen testemuñas literarias, fotográficas, artísticas e musicais, de lucenses vinculados ás letras, ás artes e á vida da sociedade lucense.

Seguir Lendo →

Celebrouse na sede da UNED en Lugo a quinta das seis sesións de LUGOPOÉTICA 2026, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia, e que celebra este ano a súa terceira edición. Coa coordinación de Xosé Carlos Ulloa, leron e comentaron os seus poemas os creadores Xosé Antón Cascudo e Xacobe Sánchez Quintela. O acto comezou con palabras de Ana Traseira, directora da UNED Lugo.

Seguir Lendo →

A Casa da Cultura de Feira do Monte (Cospeito) acolle desde hoxe a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará en Cospeito ata o 16 de xuño, foi inaugurada nun acto no que participaron Armando Castosa, alcalde de Cospeito, e Xulio Xiz, presidente de Egeria.

Seguir Lendo →

Celebrouse na sede da UNED en Lugo a cuarta das seis sesións de LUGOPOÉTICA 2026, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia, e que celebra este ano a súa terceira edición. Coa coordinación de Xosé Carlos Ulloa, leron e comentaron os seus poemas os creadores Eduardo Carreira e Ánxela Gracián. O acto comezou con palabras de Ana Traseira, directora da UNED Lugo.

Seguir Lendo →

A Sala Cultural Xosé Vizoso (Edificio das Carboeiras, Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos) acolle desde onte a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará en Cervo ata o 2 de xuño, foi inaugurada nun acto no que participaron Dolores García, alcaldesa de Cervo; Nando Blas, empresario de Cervo de orixe maragata; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.

Seguir Lendo →

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de Lugopoética 2025, unha publicación que recolle as conversas organizadas pola UNED e o Colectivo Egeria con trece poetas das terras lucenses. O acto, presidido pola alcaldesa de Lugo, Elena Candia, contou coa participación do presidente de Egeria, Xulio Xiz; do coordinador dos encontros, Xosé Carlos Ulloa; da directora da UNED de Lugo, Ana Traseira; e do secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Seguir Lendo →

O Centro Galego de Salamanca acolle desde onte a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará en Salamanca ata o 18 de maio, foi inaugurada nun acto no que participaron Fernando Pampín en representación do Centro, e Xulio Xiz en representación de Egeria.

Seguir Lendo →