O Concello de Carrión de los Condes (Palencia) acolleu a apertura da mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO / EL FIN DEL CAMINO”, organizada por Egeria coa colaboración de GaliciaDigital e a Asociación de Municipios del Camino de Santiago, e que está percorrendo o Camiño Francés desde Luzaide-Valcarlos (Navarra). Ao acto asistiron o alcalde de Carrión de los Condes, Luis Miguel Medina; o tenente de alcalde, Iván Acero; o concelleiro de Cultura, Francisco Javier Villafruela; e Antonio Giz en representación de Egeria.