A Oficina de Turismo de Ribadeo acolle desde o venres pasado a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia.
A exposición, que estará na vila ata o 5 de xuño, foi inaugurada polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.