Egeria é unha plataforma creada en Lugo por Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria co obxetivo de promover e difundir a Cultura Galega dentro e fóra das nosas fronteiras.
Proxectos
Interésache algún dos nosos proxectos?
Tes algunha idea e queres compartila con nós?
Contacta!Que Facemos?
CULTURA
Especial atención ás Letras Galegas, á historia da nosa comunidade, á Cultura Galega.
TURISMO
Pretendemos buscar os segredos que garda a nosa terra e presentalos ó publico en xeral.
CAMIÑOS
Un dos principais obxectivos é dar a coñecer os Camiños que levan a Compostela.
Difusión
Publicacións, exposicións itinerantes e desenvolvemento de proxectos de difusión.
Quen foi Egeria?
Egeria foi unha viaxeira e escritora do século IV
Egeria,tamén chamada Eteria, Ætheria ou Etheria, e mesmo Arteria ou Geria, foi unha viaxeira e escritora hispanorromana do século IV. Suponse que era orixinaria da provincia romana da Gallaecia na diocese de Hispania. Algúns datos sobre os que non parece haber discusión son a súa ascendencia nobre, a súa posición económica acomodada e a súa notable cultura. Nos seus escritos revélase como unha muller de profunda relixiosidade pero tamén de ilimitada curiosidade.
Sábese que visitou os Santos Lugares nunha longa viaxe, entre 381 e 384, recollendo as súas impresións no seu libro 'Itinerarium ad Loca Sancta'. Atravesou o sur de Galia e o norte de Italia; cruzou en barco o mar Adriático. Chegou a Constantinopla no ano 381. De aí partiu a Xerusalén e visitou Jericó, Nazaret e Cafarnaúm. Partiu cara a Exipto en 382, visitou Alexandría, Tebas, o mar Vermello e o Sinaí. Visitou logo Antioquia, Edesa, Mesopotamia, o río Éufrates e Siria desde onde regresou vía Constantinopla. Non hai constancia da data, o lugar e as circunstancias da súa morte.
Contacto
Falamos?
Sempre estamos abertos a calquera novo proxecto relacionado coa cultura ou co turismo en Galicia. Se tes unha idea, e queres levala a cabo, falemos.
Contacto
Montero Ríos, 60-62 - 1ºD27002 - Lugo - España
correo@egeria.gal
+34 676 456 461