Novas

Foi inaugurada no Castelo de Pambre (Palas de Rei) a mostra itinerante "NO CAMIÑO", que co subtítulo "As imaxes que viron os peregrinos" recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte. A mostra conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e actualmente está a percorrer os Camiños de Santiago por toda Galicia.

Seguir Lendo →

Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, vense de reeditar o libro VOCABULARIO DE PARADELA, de Manuel-Ramiro Pallares López, que foi presentado hoxe, mércores, ás 13:00 h. no Pazo de San Roque de Santiago, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Seguir Lendo →

Foi presentada no Centro Sociocultural Luís Seoane do Concello de O Pino a mostra itinerante "PARADELA, SENDA INFINITA", que co gallo da celebración do bicentenario do Concello de Paradela, repasa a historia do mesmo ao longo de 16 paneis. A mostra conta co patrocinio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia, Abanca e Endesa, e este ano está a percorrer os concellos do Camiño Francés na nosa comunidade.

Paradela, Senda Infinita

O concello de Paradela cumpre 200 anos!

Seguir Lendo →

Foi presentada na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Arzúa a mostra itinerante "PARADELA, SENDA INFINITA", que co gallo da celebración do bicentenario do Concello de Paradela, repasa a historia do mesmo ao longo de 16 paneis. A mostra conta co patrocinio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia, Abanca e Endesa, e este ano está a percorrer os concellos do Camiño Francés na nosa comunidade.

Seguir Lendo →

Tivo lugar no Centro Sociocultural Luís Seoane do Concello de O Pino a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ 2.0, unha nova edición da mostra sobre a vida e obra do escritor de Paradela, cun novo deseño gráfico, contidos actualizados e reestruturados, e un acceso inmediato a contidos multimedia adicionais a través de códigos QR.

Seguir Lendo →

Foi presentada no Teatro de Ribadeo a obra "Ribadenses Destacados. 44 Biografías. Séculos XIX a XXI", coordinada por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, e editada polo Colectivo Egeria, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este libro recompila biografías de diferentes persoeiros que destacaron como artistas plásticos, músicos, xornalistas, mestres, intelectuais, científicos e inventores, políticos, xuristas, empresarios e benefactores que naceron, viviron ou desenvolveron unha parte significativa da súa obra en Ribadeo.

Seguir Lendo →

Foi presentada no Concello de Melide a mostra itinerante "PARADELA, SENDA INFINITA", que co gallo da celebración do bicentenario do Concello de Paradela, repasa a historia do mesmo ao longo de 16 paneis. A mostra conta co patrocinio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia, Abanca e Endesa, e este ano está a percorrer os concellos do Camiño Francés na nosa comunidade.

Paradela, Senda Infinita

O concello de Paradela cumpre 200 anos!

Seguir Lendo →

Tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Arzúa a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ 2.0, unha nova edición da mostra sobre a vida e obra do escritor de Paradela, cun novo deseño gráfico, contidos actualizados e reestruturados, e un acceso inmediato a contidos multimedia adicionais a través de códigos QR.

Seguir Lendo →

Nun acto celebrado no Centro Galego de Salamanca, vén de presentarse o libro “MANUEL REGUEIRO TENREIRO, Harmónico bilingüismo… Harmonía vital”, promovido polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia. Xunto co libro foi presentada a web www.manoloregueiro.gal, que recolle íntegros os contidos desta publicación de homenaxe ao profesor Regueiro Tenreiro, filósofo e escritor, no que participaron oitenta especialistas, compañeiros e amigos.

Seguir Lendo →

O Círculo Saviñao de Escairón presentou o mércores 23 de novembro o libro Circular polo Saviñao IV, publicación coa que a sociedade cultural e recreativa quere conmemorar o seu 60 aniversario, e que foi editada polo Colectivo Egeria.

A presentación estivo a cargo de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Juan Carlos Armesto, alcalde do Saviñao; Olga Novo, colaboradora e Premio Nacional de Poesía 2020; e Enrique Sampil, presidente desta sociedade. Cada un dos socios do Círculo Saviñao recibiu gratuitamente un exemplar desta obra.

Seguir Lendo →