
Egeria presenta en Lugo o libro LUGOPOÉTICA 2024
Este venres día 14, no salón Muralla da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, foi presentado aos medios informativos o libro LUGOPOÉTICA 2024, que recolle os contidos dos Encontros poéticos organizados por Egeria, celebrados na U.N.E.D., coa colaboración da Xunta de Galicia. Participaron a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira; o Delegado Territorial, Javier Arias; o Secretario Xeral da Lingua, Valentín Arias e o coordinador dos Encontros, Xulio Xiz.
É un volumen de 216 páxinas que garda memoria dos seis encontros deste LUGOPOÉTICA 2024, entre poetas lucenses consagrados e poetas novos, que foron transmitidos pola Rede da Uned, publicados en Facebook, e na web dos encontros lugopoetica.org.
Participaron MARICA CAMPO e EVA TEIXEIRO (29 febreiro); LOIS PÉREZ DÍAZ e DANIEL IRIMIA YAÑEZ (14 marzo); MARÍA XOSÉ LAMAS e BRENDA MUINELO (4 abril); XOSÉ OTERO CANTO e ANTONIO CALVO VARELA (25 abril); OLGA NOVO e CRISTINA SOILÁN (2 maio) e BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO e FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN (6 xuño).
O libro é un achegamento á vida e á poesía destes doce creadores, coa escolma da súa obra elixida por eles para esta actividade cultural desenvolvida en directo no salón de actos da U.N.E.D.