Novas

Celebrouse na sede da UNED en Lugo a terceira das seis sesións de LUGOPOÉTICA 2026, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia, e que celebra este ano a súa terceira edición. Coa coordinación de Xosé Carlos Ulloa, leron e comentaron os seus poemas os creadores Xosé Lois García e Ramón Rodríguez Porto. O acto comezou con palabras de Ana Traseira, directora da UNED Lugo.

Seguir Lendo →

A Casa do Concello de Rábade acolle desde hoxe a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará na vila ata o 30 de abril, foi inaugurada nun acto no que participaron Remedios González, alcaldesa de Rábade; a técnica de Cultura, Silvia Vázquez; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

O Museo Casa Maragata de Santa Colomba de Somoza acolle desde onte a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia.

Seguir Lendo →

O mércores 18 de marzo celebrouse na sede da UNED en Lugo a segunda das seis sesións de LUGOPOÉTICA 2026, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia, e que celebra este ano a súa terceira edición.

Coa coordinación de Xosé Carlos Ulloa, leron e comentaron os seus poemas as creadoras Alicia Fernández Díaz e a Elena Pérez López. O acto comezou con palabras de Alejandro Prieto, secretario da UNED Lugo.

Seguir Lendo →

A Casa do Concello de Meira acolle desde hoxe a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará na vila ata o 30 de marzo, foi inaugurada nun acto no que participaron Antonio de Dios, alcalde de Meira; Agustín Méndez, tenente de alcalde; e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

O Museo de los Pueblos Leoneses, en Mansilla de las Mulas (Léon), acolle desde hoxe a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia.

Seguir Lendo →

Este sábado foi presentada na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga (Portugal) a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ 2.0, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, dentro da programación do XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia, organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.

Seguir Lendo →

O xoves 19 de febreiro celebrouse na sede da UNED en Lugo a primeira das seis sesións de LUGOPOÉTICA 2026, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia, e que celebra este ano a súa terceira edición.

Coa coordinación de Xosé Carlos Ulloa, leron e comentaron os seus poemas as creadoras Diana Varela Puñal e Chelo Gayoso Díaz. O acto comezou con palabras de Ana Traseira, Directora en Lugo da UNED.

Seguir Lendo →

Este luns foi instalada na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga (Portugal) a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ 2.0, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, dentro da programación do XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia, organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho 

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por Egeria, GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua) e a a Real Academia Galega.

Seguir Lendo →

A Casa da Cultura de Quiroga acolle desde hoxe a exposición OS MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. A exposición, que estará na vila ata o 16 de febreiro, foi inaugurada por Pepe Pol, activista cultural e escritor que colabora no libro deste proxecto, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →