Foi inaugurada no Concello de Vilalba a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. No acto participaron, Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, Vanesa Siso, concelleira de Cultura, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, ademais doutros membros da corporación municipal.