Novas

Onte foi presentada na capela de San Fiz de Solovio, a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. Estiveron presentes no acto Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago, Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021,  Isaías Calvo, director da S.A. de Xestión do Plan  Xacobeo, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Foi presentado no IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron a vicedirectora do centro, Paula Sentandreu, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Foi presentado no IES de Becerreá (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron Antón Bao en representación do centro educativo, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Este domingo foi inaugurada na Igrexa Parroquial de A Estación (Monforte de Lemos) a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Seguir Lendo →

Foi presentado no Concello de Cerdedo-Cotobade (sede de Carballedo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". No acto participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, os sobriños de Antonio Fraguas, Avelino e José Carlos Martínez, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Foi presentado no Centro Galego de Salamanca o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". No acto participaron o presidente e o vicepresidente do centro, José Ignacio Paz e Fernando Pampín, a viúva de Manuel Regueiro, promotor desta iniciativa (Maite Pérez), e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

O xoves 24 de outubro tivo lugar no Centro Galego de Santander a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. No devandito acto participaron o presidente do Centro, José Antonio Otero, o concelleiro do Concello de Santander Victoriano González e o director de GaliciaDigital (Antonio Giz).

Seguir Lendo →

Foi presentado no IES de Monterroso (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiu o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Coincidindo coa celebración das festas das San Lucas, o pasado sábado 19 de outubro foi inaugurada a exposición "800 anos da Catedral de Mondoñedo" no propio templo, nunha celebración que contou coa presenza da Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o Bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Monseñor Luis Ángel de las Heras, o Arcebispo de Santiago, Monseñor Barrio, o Bispo de Lugo, Monseñor Carrasco Rouco, e o anterior Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Monseñor Sánchez Monge.

Seguir Lendo →

Onte foi presentado no Centro Comarcal da Ulloa de Palas de Rei (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →