A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada hoxe no CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela (Lugo), onde permanecerá ata o vindeiro venres. Ao acto de inauguración asistiron Iago Corral, director do centro; José Manuel Mato, alcalde de Paradela; Adrián Fernández, tenente de alcalde de Paradela, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, ademais dun grupo de alumnos e alumnas do centro.