Foi presentada na igrexa de Santa María do Campo, de Ribadeo, a mostra itinerante "NO CAMIÑO", que co subtítulo "As imaxes que viron os peregrinos" recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte. A mostra conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e actualmente está a percorrer os Camiños de Santiago pola nosa provincia.