Novas

Este venres 3 de maio tivo lugar no Centro Galego de Llodio (Áraba) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez.

Seguir Lendo →

Hoxe foi inaugurada na biblioteca Miguel González Garcés da Coruña a exposición 350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO, con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen a facer en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Seguir Lendo →

Chega á Vella Igrexa de Muimenta (Lugo) a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia (Secretaría  Xeral de Política Lingüística) e a a Real Academia Galega.

Seguir Lendo →

Onte, martes 2 de abril, foi inaugurada no Bispado de Ourense a exposición 350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO, con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen a facer en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Seguir Lendo →

Este xoves 21 de marzo tivo lugar no CEIP Otero Pedrayo de Rábade (Lugo) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. No devandito acto, ao que asistiron máis dun centenar de alumnos de primaria do centro, participaron os alcaldes de Rábade (Francisco Fernández Montes) e Paradela (José Manuel Mato); a Xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo (María Xosé Gómez); a viúva do escritor (Irene López) e o director de  GaliciaDigital (Antonio  Giz).

Seguir Lendo →

Foi inaugurada na Catedral de Lugo a exposición 350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO, con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen a facer en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Esta exposición foi promovida polo colectivo Egeria, co apoio da Xunta de Galicia e o Bispado de Lugo, por medio do Centro Eucarístico Lucense e da Catedral de Lugo.

Seguir Lendo →

Este xoves 21 de febreiro tivo lugar no CPI Tino Grandío de Guntín (Lugo) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. No devandito acto, ao que asistiron máis dun centenar de alumnos de primaria e secundaria do centro, participaron os alcaldes de Guntín (Jesús Carreira) e Paradela (José Manuel Mato); a Xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo (María Xosé Gómez); a viúva do escritor (Irene López) e o director de GaliciaDigital (Antonio  Giz).

Seguir Lendo →

O Nadal está presente nas nosas vidas do xeito máis diverso, dependendo da nosa idea sobre el, da percepción das numerosas accións exteriores pero tamén das propias actitudes en relación con esta festa. Por iso naceu esta mostra de imaxes do Nadal; un abano de instantáneas que reflicten as diversas visións dos seus autores e provocarán sentimento acordes coa sensibilidade de cada un de nós.

Presentamos obras de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández Ónega (In memoriam), José Manuel Guisasola, G. L. Méndez e Hixinio Flores.

Seguir Lendo →

Este venres, 11 de maio, pechouse a recollida de firmas apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao cura e musicólogo Xesús Mato. Finalmente recibíronse no Concello de Paradela (entidade promotora) un total de 2.538 adhesións.

Seguir Lendo →