Por térselle dedicado o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carballo Calero, o Colectivo Egeria –co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio Fingoi- ten publicado o libro DON RICARDO DE FINGOI, de Xulio Xiz, que reflicte os quince anos lucenses do profesor e escritor, a súa incidencia na sociedade lucense, e a influencia de Lugo e dos lucenses no inesquecible persoeiro que toda Galicia honra.
De 1950 a 1965, Carballo Calero rexíu o Colexio Fingoi, senlleira creación educativa do financeiro Antonio Fernández López, deixou inesquecible lembranza no alumnado do Colexio, e puxo as bases máis firmes da súa proxección a todo o mundo galego.
GaliciaDigital hónrase en publicar este libro na súa Biblioteca Virtual, agradecendo ao Colectivo Egeria e á Xunta de Galicia a posibilidade desta incorporación ao noso fondo editorial.
"Carballo Calero en Lugo - Don Ricardo de Fingoi", na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital