
Cando ASPNAIS -Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo- celebrou os seus primeiros cincuenta anos, abriu as súas portas á sociedade lucense, deixouse ver, e recibiu mensaxes especialmente conscientes, garimosas, de persoas sensibles que manifestaron o seu sentir por un labor tan especial como o que esta Asociación protagoniza.
Pasaron dez anos. E conservamos esas mensaxes. E transitando 2026, estamos nunha nova celebración de ASPNAIS, que nos lembra que leva “60 anos facendo familia”.
E entendemos que había que publicar aquelas mensaxes, dez anos despois, para evidenciar que a fugacidade do tempo non fai máis que acreditar a vocación de continuidade -a perennidade- de ASPNAIS
Varios dos colaboradores xa non están entre nós, pero a súa mensaxe -e a súa memoria- segue viva. Velaquí a súa mensaxe.
E aos que hai dez anos deixaron testemuño devoto e claro do que viron en ASPNAIS, contrapoñemos -incorporamos- as olladas que faltaban para completar as cen: as visións de usuarios de ASPNAIS que recolleron cos seus ollos serenos, sinceros, garimosos, escenas que todos os días ocorren ao seu arredor.
Son así -en total- 100 olladas.
Sin tempo.
Por riba de todo.
A pesar do tempo.
Grazas ao tempo.
Para sempre no tempo.
Para sempre en ASPNAIS
- Data
- Xuño 2026
- Colaboramos con
- Xunta de Galicia
- ASPNAIS
- Tarefa
- Coordinación do proxecto
- Edición e publicación do libro
- Materiais
- Descargar libro (PDF)
