
En Begonte levamos medio século facendo cultura arredor dese motor espiritual e material ao que demos en chamar “Belén Electrónico”.
Non é que coidásemos que o belén non era abondo como iniciativa para acadar un lugar no mundo, senón porque entendiamos que ese belén precisaba unha contorna axeitada para que brillase máis forte e soase máis lonxe, e eses froitos culturais fosen un aval que lle abrise todas as portas.
E houbo certames de literatura e narrativa, de ornamentación nadaleira, de panxoliñas, de medios informativos, de debuxo infantil, de arte… e este medio século amplo transcorrido foi seleccionando un conxunto de concursos que superaron todo tipo de dificultades.
Presentamos aquí os poemas en galego premiados no Certame de Begonte nesta que puidesemos chamar primeira etapa, só delimitada por esta publicación que obriga a un “punto e seguido” na historia do certame, e xa escrita de xeito indeleble na memoria do belén.
- Data
- Decembro de 2025
- Colaboramos con
- Centro Cultural José Domínguez Guizán
- Xunta de Galicia
- Tarefa
- Edición e publicación do libro en galego
- Edición e publicación do libro en castelán
- Materiais
- Medio século de poesía en galego
- Medio siglo de poesía en castellano
