
Lembranza do Bimilenario de Lugo, ao cumprirse o medio século da súa celebración, e Homenaxe ao Arde Lucus na súa XXV edición, co gallo da XLVIII Semana de Cine de Lugo.
Estimando que a fundación da Cidade de Lugo acontecera durante as guerras cántabras, entre o 27 e o 24 a. de X.C., considerouse momento para celebrar o bimilenario deste acontecemento ao comezo do último cuarto do século XX, e así, o Ministerio de Educación e Ciencia creou o correspondente Patronato o 12 de setembro de 1975.
Elixiuse como logotipo a proposta de Felipe Arias Vilas, Conservador do Museo Provincial, baseada no reverso dun as de bronce de Augusto.
E hai que entender que un dos froitos daquel Bimilenario foi o comezo, vinte e cinco anos despois, do Arde Lvcvs, unha festa de recreación histórica que de tal xeito conquistou aos lucenses que hoxe goberna o noso calendario festeiro e transforma a cidade de Lugo por uns días na antiga Roma, pero máis variopinta, máis leda, máis vital e, sobre todo, máis igualitaria.
Cando veñen de cumprirse vinte e cinco anos do ARDE LVCVS, eliximos vinte e cinco instantáneas da fotógrafa BEGOÑA PÉREZ, e pedimos a vinte e cinco destacados lucenses opinión sobre o Arde Lvcvs, asignando aleatoriamente cadansúa foto a cada opinante. Son, polo tanto, vinte e cinco homenaxes á nosa Festa, que ofrecemos á consideración de todos os lucenses.
- Data
- Setembro 2026
- Colaboramos con
- Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
- Xunta de Galicia
- Deputación de Lugo
- Concello de Lugo
- Universidade de Santiago de Compostela
- UNED Lugo
- GaliciaDigital
- Tarefa
- Coordinación do proxecto
- Desenvolvemento da exposición
- Materiais
- Ver exposición (PDF)
- Ver exposición en Museo Virtual Egeria
