
Estas tres obras teatrais, de temática dispar, mecidas, ás veces, por circunstancias intransixentes, foron representadas altruistamente durante varias temporadas baixo a dirección de Yolanda Díaz Gallego nas principais salas de teatro de cidades catalanas como Barcelona, Lleida, Cornellà, Terrassa, Sabadell, Sallent, La Llagosta ou Rubí, coa colaboración da Xunta de Galicia, Generalitat de Catalunya, Concellos, Deputación, centros culturais e sociais, empresas e particulares. Actuouse tamén nas cidades de Ourense, Pontevedra, A Coruña e Lugo, e en vilas como Monforte de Lemos, Samos e Sarria.
De todas recibimos agarimo e cálidas felicitacións.
Os e as interpretes eran galegos e galegas afincados en Barcelona, que sostiñan que a cultura é ben universal, e dos que o xornal El Progreso preguntábase nunha publicación si “realmente só eran afeccionados”, valorando a calidade do traballo e mensaxe ofrecido por algúns dos participantes.
Resultaba un excelente equipo!
- Data
- Febreiro de 2026
- Colaboramos con
- Xunta de Galicia
- Tarefa
- Edición e publicación do libro
- Edición e publicación de tres cadernos
- Materiais
- Tres obras en lingua galega
- Caderno: A ficción tamén atrapa
- Caderno: Non o podo crer
- Caderno: O retorno
