Presentación de “A Paradela dos máis novos” e lembranza de Eduardo Rey no Instituto Gregorio Fernández (Sarria)
Este xoves, 30 de novembro, ás 10:30 h, na Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández, vai ser presentado o libro A PARADELA DOS MÁIS NOVOS, editado por Egeria para o Concello de Paradela con motivo do seu bicentenario, e no que colaboraron os alumnos do CEIP de Paradela e os alumnos de Paradela que cursan estudos nos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández.
Nos Institutos sarrianos cooordinaron os traballos dos alumnos os profesores Lola Chaos (Xograr Afonso) e Eduardo Rey (Gregorio Fernandez), e como este último faleceu de forma repentina o pasado mes de xuño, esta presentación ven ser tamén unha lembranza de agradecemento a este benquerido profesor.
No acto van intervir Ana Valín (polo Instituto Gregorio Fernández); José Manuel Mato (alcalde de Paradela); Xulio Xiz (que dirixiu o libro); Lola Chaos (Coordinadora no IES Xograr Afonso), alumnos colaboradores do libro, e Marta Ferreiro, Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia.
Os alumnos asistentes recibirán cadanseu exemplar do libro.