O libro PIONEIRAS DE CIENCIAS DE LUGO, presentado na capital lucense
O libro PIONEIRAS DE CIENCIAS DE LUGO, da profesora lucense María Isabel Fernández García, foi presentado onte na Biblioteca Pública Provincial de Lugo. Presentou á autora Esther Gómez, do grupo CienciaNOSA, que colaborou con María Isabel Fernández na elaboración da obra.
A autora, axudada coa proxección de numerosas imaxes, explicou exhaustivamente o complexo proceso de investigación sobre a vida e a obra destas primeiras científicas da provincia de Lugo, case un cento de farmacéuticas, médicas, profesoras… que fixeron historia abrindo camiños difíciles que hoxe son doados de transitar.
Pechou o acto a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo, María José Gómez Rodríguez, que fixo fincapé no mérito destas pioneiras por conseguir que na actualidade o feito da existencia de mulleres científicas no noso país sexa o máis natural.
O libro está publicado polo Colectivo Egeria con axuda da Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Política Social e de Educación, Cultura e Universidade.
A presentación constituíu un auténtico acontecemento social, ao que asistiron máis de centro trinta persoas.