O Colectivo Egeria presenta o libro-homenaxe a Manuel Regueiro Tenreiro na Biblioteca Provincial de Lugo
Nun acto celebrado na Biblioteca Provincial de Lugo vén de presentarse o libro “MANUEL REGUEIRO TENREIRO, Harmónico bilingüismo… Harmonía vital”, promovido polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia. Xunto co libro foi presentada a web www.manoloregueiro.gal, que recolle íntegros os contidos desta publicación de homenaxe ao profesor Regueiro Tenreiro, filósofo e escritor, no que participan oitenta especialistas, compañeiros e amigos.
Interviñeron na presentación os amigos de Manolo e participantes na obra Paco Martín, Miguel Ángel Martínez Quintanar, Jaime Santoalla e Antonio Prado; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a viúva do homenaxeado, María Teresa Pérez, e o Presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
No decurso da presentación, o debuxante e escritor SIRO LÓPEZ LORENZO (SIRO), debuxou aos seis participantes na presentación. De esquerda a dereita, MIGUEL ANGEL MARTÍNEZ QUINTANAR, PACO MARTÍN, MARÍA TERESA PÉREZ, VALENTÍN ARIAS GÓMEZ, JAIME SANTOALLA e ANTONIO PRADO GÓMEZ. Siro é o autor de varias caricaturas de Manuel Regueiro Tenreiro, que figuran en lugar de honra neste libro-homenaxe.