O Círculo Saviñao conmemora o seu 60 aniversario coa presentación do libro Circular polo Saviñao IV, editado polo Colectivo Egeria
O Círculo Saviñao de Escairón presentou o mércores 23 de novembro o libro Circular polo Saviñao IV, publicación coa que a sociedade cultural e recreativa quere conmemorar o seu 60 aniversario, e que foi editada polo Colectivo Egeria.
A presentación estivo a cargo de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Juan Carlos Armesto, alcalde do Saviñao; Olga Novo, colaboradora e Premio Nacional de Poesía 2020; e Enrique Sampil, presidente desta sociedade. Cada un dos socios do Círculo Saviñao recibiu gratuitamente un exemplar desta obra.
O libro ‘Circular polo Saviñao IV’, o primeiro que se edita en cor, con portada do fotógrafo Javier López Jordán e deseño gráfico de Dores Carretero, conta con numerosos e importantes colaboradores e amigos da sociedade cultural e recreativa que participan con distintos artigos sobre arte, xente, historia, etimoloxía, patrimonio… do Concello e sobre as peculiaridades que fan especial a Ribeira Sacra e o rural destas terras de Lemos. Estes son:
- ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades.
- BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO (MERO): Mestre, cantante e escritor. Fundador dos grupos Fuxan os Ventos e A Quenlla. Investigador do patrimonio musical popular galego.
- XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS: Político, politicólogo e profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Vicepresidente da Xunta de Galicia.
- SIRO LÓPEZ LORENZO: Escritor, pintor, humorista gráfico, caricaturista, debuxante e ensaísta.
- XESÚS ALONSO MONTERO: Catedrático de Lingua e Literatura Española. Foi presidente da Real Academia Galega. Membro do Consello da Cultura Galega. Ensaísta, sociolingüista e poeta.
- XOSÉ RAMÓN FANDIÑO VEIGA: Licenciado en Filoloxía Hispánica. Escritor. Foi coordinador da Gran Enciclopedia Galega. Traballou no Instituto Galego de Información do Grupo Sargadelos.
- ALFONSO MATO DOMÍNGUEZ: Historiador, ensaísta e documentalista. Traballou na Gran Enciclopedia Gallega e no Instituto Galego de Información.
- JOSÉ DE CORA PARADELA: Xornalista e escritor. Foi director de El Progreso. Director xeral do Grupo El Progreso. Pertence á Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual.
- XOSÉ LOIS GARCÍA FERNÁNDEZ: Licenciado en Historia Contemporánea. Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio Histórico de Sant Andreu de la Barca. Escritor e poeta. Especialista da literatura de expresión portuguesa en África.
- JOSÉ MARIO VÁZQUEZ CARBALLO: Cóengo. Teólogo. Profesor. Membro do Consello Episcopal. Vigairo Xeral da diócese de Lugo e deán da Catedral.
- LORENA GALLARDO MOSQUERA: Licenciada en periodismo. Foi redactora coordinadora de informativos de Televinte Chantada e xornalista no gabinete de prensa da USC, El Progreso, Onda Cero e En Común.
- RAMÓN JOSÉ YZQUIERDO PERRÍN: Doutor en Historia da Arte da Universidade da Coruña. Especialista na arte románica e protogótica galega. Académico da Real Academia da Historia, da Academia Galega de Belas Artes e da de Bellas Artes de San Fernando. Membro do Consello da Cultura Galega.
- MARÍA DE LAS NIEVES PEIRÓ GRANER: Historiadora. Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora titular de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña.
- ENRIQUE PÉREZ LOSADA: Licenciado en Dereito. Investigador sobre historia local. Foi alcalde do Saviñao.
- FRANCISCO ALBO GARCÍA: Licenciado en Periodismo. Xornalista de La Voz de Galicia.
- CARLOS RUEDA RODRÍGUEZ: Fotógrafo. Traballa en Adif.
- D. JOSÉ VÁZQUEZ Y VÁZQUEZ: Licenciado en Teoloxía. Foi cura párroco de Escairón.
- MAR LÓPEZ SOTELO: Educadora social e Antropóloga social e cultural. Investigadora e ensaísta. É a Directora do Departamento de Historia e Antropoloxía Campus Stellae.
- LOIS DIÉGUEZ VÁZQUEZ: Enxeñeiro Técnico Topógrafo. Escritor e poeta.
- JOSÉ CARLOS QUIROGA DÍAZ: Licenciado en Filoloxía Galega. Profesor da USC de Filoloxías Galega e Portuguesa. Escritor e lingüista.
- ROSENDO BUGARÍN GONZÁLEZ: Doutor en Medicina. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Xefe de Servicio de AP en Monforte de Lemos. Ensaísta, investigador e docente.
- MANUEL VEIGA TABOADA: Licenciado en Ciencias da Información e en Ciencias Políticas e Socioloxía. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía. Foi redactor e director do semanario A Nosa Terra. Escritor e ensaísta.
- MANUELA SÁEZ GONZÁLEZ: Doutora en Xeografía e Historia (Sección de Historia da Arte). Investigadora, escritora e divulgadora. É especialista no maior mecenas de Cervantes, Don Pedro Fernández de Castro, e no Condado de Lemos.
- ALFREDO PARDO HERMIDA: Cineasta. Presidente de Chantada films. Escritor e especialista en banda deseñada. Fixo Xornalismo e Ciencias da Información, Dirección Cinematográfica e ‘Community Management’.
- MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO: Graduada Social. Foi asesora laboral e fiscal. Escritora.
- ANA OTERO GÓMEZ: Graduada en Lingua e Literatura Galegas. Profesora.
- TANIA MIRÁS LÓPEZ: Secretaria da Asociación de Veciños San Martiño de Vílelos.
- UXÍO BREOGÁN DIÉGUEZ CEQUIEL: Licenciado en Historia e doutor en Historia Contemporánea. Investigador da historia do nacionalismo galego. Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica.
- OLGA NOVO PRESA: Poeta, ensaísta e doutora en Filoloxía Galega. Profesora de Lingua e Literatura Galega do IES A Pinguela de Monforte de Lemos. Foi galardoada co Premio Nacional de Poesía no ano 2020.
- LAURA VARELA RODRÍGUEZ: Graduada en Traducción e Interpretación. Profesora de Inglés.
- ANTONIO LOIS PÉREZ: Poeta. Economista e Técnico en Estampados, Tintes e Acabados Téxtiles
- FINA CASALDERREY FRAGA: Escritora, profesora, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1996. É membro da Real Academia Galega.
- XABIER QUIROGA DÍAZ: Licenciado en Filoloxía Galega. Profesor e escritor.
- ISABEL RODRÍGUEZ LOSADA: Mestra e poeta.
- RAMÓN RODRÍGUEZ PORTO: Escritor. Actor. Foi director de Caixanova en Chantada. Responsable comercial da Adega Terras Bendaña.
- TITO ANTONIO VARELA LÓPEZ: Catedrático de Antropoloxía Biolóxica da Universidade de Santiago.
- ENRIQUE SAMPIL SÁNCHEZ: Licenciado en CC. Económicas e Empresariais. Catedrático de Administración de Empresas. Presidente do Círculo Saviñao.