IMAXES DO NADAL en Castro de Ribeiras de Lea

Vense de inaugurar na Casa de Cultura de Castro de Ribeiras de Lea, a exposición IMAXES DO NADAL, promovida polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, coa colaboración de Fonmiñá e o Colectivo Egeria.

Son corenta fotografías de nove  fotógrafos lucenses, membros de Fonmiñá: EDUARDO OCHOA, MIGUEL CALVO, FERNANDO GAGO, MIGUEL FRAGA, XOSÉ MANUEL OTERO, TOÑI FERNÁNDEZ ÓNEGA, JOSÉ MANUEL GUISASOLA, G.L.MENDEZ e HIXINIO FLORES. Esta coordinada polo responsable de Fotografía de Fonmiñá, Eduardo Rodríguez Ochoa.

Na inauguración participaron os alumnos dos cursos superiores do colexio Veleiro Docampo de Castro, con profesorado do centro, e o seu director, Xoan Xosé Valiño; o Alcalde Castro de Rei, Francisco Xosé Balado; os fotógrafos Eduardo Ochoa e Gerardo López Méndez, e o Presidente de Fonmiñá e Egeria, Xulio Xiz, que comentaron cos alumnos asistentes as carcterísticas das fotografías, e as diversas visións do Nadal por parte dos fotógrafos participantes.

O día 2 de xaneiro esta exposición será inaugurada no Centro Sociocultural de Friol.