Sempre en Foz, Suso Fernández

Suso Fernández naceu en Foz, de familia tradicional focega, numerosa e benquerida.

Viviu sempre en Foz, en Foz creou familia, e desenvolveu unha infinidade de actividades, individuais ou colectivas, profesionais ou sociais, sempre levando a Foz por bandeira, sempre teimando polo progreso do seu pobo.

Sempre falando de Foz; louvando Foz; representando a Foz a onde chegase; sempre prestixiando a Foz.

Foz tenlle ofrecido os maiores agasallos -Fillo Predilecto, Cronista Oficial… e agarimo popular-, e agora que as forzas físicas poden minguar, pero o espírito e o amor por Foz seguen incólumes nel, quere o concello de Foz de novo facerlle saber no nome de todos os focegos a simpatía que en todos despertou sempre, e o agarimo que en todos suscita velo transitar -sempre con Marita- polo noso -e seu!- benquerido Foz.

Data
Xuño-Xullo 2021
Colaboramos con
Concello de Foz
GaliciaDigital
Tarefa
Exposición itinerante
Folletos informativos
Exposición
Sempre en Foz, Suso Fernández
Folleto
Sempre en Foz, Suso Fernández