A Paradela dos máis novos

O libro A PARADELA DOS MÁIS NOVOS, publicado polo Concello de Paradela con motivo do seu bicentenario como Institución e coa colaboración da Xunta de Galicia, é unha creación do Colectivo Egeria que ten un total de 64 autores -os máis novos paradelenses- do CEIP de Paradela e dos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández, de Sarria. Son 44 alumnos de infantil e primaria e 20 de ESO e BAC, dos Institutos Xograr Afonso (6) e Gregorio Fernández (14).

Coordinaron os traballos dos alumnos, polo CEIP San Miguel, Tania Taboada, Ligia López, Rocío Castro, Alejandro Ferreiro, Sonia López e Adela López (directora); polo Instituto Xograr Afonso as profesoras Remedios Sánchez e Lola Chaos; e polo Instituto Gregorio Fernández, o profesor Eduardo Rey.

En 120 páxinas, os paradelenses máis novos reflicten a Paradela na que viven en narracións e debuxos que conforman un calidoscopio dun concello (“Senda infinita”) de camiños, árbores e augas, fito do Camiño Francés a Compostela. Falan os rapaces do que ten Paradela e do que lle falta, da diminución da poboación, das festas e dos xogos, dos animais e da natureza, da súa terra e das súas familias.

Danlle especial carácter ao libro os debuxos de Fani Padullés, artista catalana afincada en Paradela, autora así mesmo das pinturas que iluminan a Biblioteca do CEIP San Miguel.

Data
Novembro 2022
Colaboramos con
GaliciaDigital
Concello de Paradela
Xunta de Galicia
Endesa
Abanca
Tarefa
Coordinación, edición e impresión do libro
Libro
Descargar PDF