Cando hai un ano que Araceli, fisicamente, nos deixou, un grupo de incondicionais seus quixemos plasmar nesta web e no libro "O sorriso de Lilí" as impresións máis inmediatas, case repentinas, que o seu pasamento nos fixo expresar.
E do mesmo xeito que moitas outras persoas se terían incorporado a esta iniciativa se tivesen oportunidade de facelo, quixemos que aquí aparecesen -todas e todos- familiares, amigos, compañeiros, profesores ou alumnos, igualitariamente, por orde alfabética, sen máis identificación ca a de ter vinculación anímica directa con esta muller especial, toda sorriso e agarimo, toda ciencia e intelixencia, que deixou en nós unha pegada inesquecible.
E se, cando comezamos con esta iniciativa, “O sorriso de Lilí”, coidabamos podería ser entendido como algo exterior ou superficial, ao comprobar que moitos participantes facían mención desta característica de Araceli entendimos que tiña forza abonda para ser utilizada como primeiro elemento para abordar tan rica personalidade que ninguén que a coñecese deixaba de estimar.
Velaquí, pois, setenta homenaxes a Araceli Herrero Figueroa, para deixar constancia de que todas/todos, dun ou doutro xeito, quedamos conquistados, agradecidos, iluminados por O SORRISO DE LILÍ.
- Data
- Xullo 2021
- Colaboramos con
- Xunta de Galicia
- GaliciaDigital
- Tarefa
- Libro homenaxe
- Desenvolvemento Web
- Libro
- O Sorriso de Lilí
- Web
- O Sorriso de Lilí