Museo Virtual Egeria

O Colectivo Egeria está desenvolvendo un traballo de achegamento ao gran público de temas e persoas esenciais para o país. E este achegamento efectúao cunha serie de exposicións itinerantes pola xeografía galega para poñer de manifesto diante d@s galeg@s as nosas realidades e potencialidades.

En canto a persoas, persoeiros, se refire, ofrecemos cadansúa exposición sobre ANTONIO FRAGUAS (2019), RICARDO CARBALLO CALERO (2020) e XELA ARIAS (2021), aos que se lles dedicaron os tres últimos Días das Letras Galegas, así como o noso proxecto sobre MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, EMIGRANTE GALEGO E POETA OBREIRO.

E en canto a realidades/potencialidades, mostras como 350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA NA CATEDRAL DE LUGO, 800 ANOS DA CATEDRAL DE MONDOÑEDO, ou O FIN DO CAMIÑO...

E todas estas exposicións, a través deste MUSEO VIRTUAL, póñense gratuitamente ao dispor de quen queira utilizalas, especialmente centros educativos e entidades culturais, proporcionándolles un material que entedemos será de interese para estudantes e para o público en xeral, co que os fins deste Colectivo de achegar aos galegos temas relacionados coa Cultura de Galicia estarán cumpríndose.

Data
Marzo 2021
Colaboramos con
GaliciaDigital
Tarefa
Recompilación do noso traballo relativo a exposicións itinerantes.
Web
www.museovirtualegeria.org