Imaxes do Nadal

O Nadal está presente nas nosas vidas do xeito máis diverso, dependendo da nosa idea sobre el, da percepción das numerosas accións exteriores pero tamén das propias actitudes en relación con esta festa. Por iso naceu esta mostra de imaxes do Nadal; un abano de instantáneas que reflicten as diversas visións dos seus autores e provocarán sentimento acordes coa sensibilidade de cada un de nós.

Presentamos obras de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández Ónega (In memoriam), José Manuel Guisasola, G. L. Méndez e Hixinio Flores. O Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, coa colaboración do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e do Colectivo Egeria, abre esta mostra á contemplación das xentes de boa fe, agardando que nos axude a todos a ampliar o noso xeito de ver e sentir o Nadal.

Data
12/2018
Colaboramos con
Belén de Begonte
Centro Cultural José Domínguez Guizán
Concello de Rábade
Concello de Begonte
Concello de Vilalba
Concello de Guitiriz
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Abanca
Xunta de Galicia
Tarefa
Organización e coordinación.