Circular polo Saviñao IV

O libro Circular polo Saviñao IV é unha publicación coa que a sociedade cultural e recreativa Círculo Saviñao quere conmemorar o seu 60 aniversario, o primeiro que se edita en cor, con portada do fotógrafo Javier López Jordán e deseño gráfico de Dores Carretero, conta con numerosos e importantes colaboradores e amigos da sociedade cultural e recreativa que participan con distintos artigos sobre arte, xente, historia, etimoloxía, patrimonio… do Concello e sobre as peculiaridades que fan especial a Ribeira Sacra e o rural destas terras de Lemos.

Xa pasa de 20 anos da edición do primeiro número de Circular polo Saviñao. Con este cuarto libro publicaremos un total de 160 artigos de diferentes colaboradores e amigos que, sen dúbida, axudarán a conservar a memoria colectiva do noso pobo. Os tres libros anteriores foron economicamente deficitarios pero tamén un investimento que cremos culturalmente necesario. Desta, reincidimos co mesmo ánimo tolerante que daquela e puxémonos a pedir axuda e novas colaboracións ós amigos desta Sociedade, que nos responderon coma sempre con entusiasmo.

Data
Novembro 2022
Colaboramos con
GaliciaDigital
Xunta de Galicia
Tarefa
Coordinación, edición e impresión do libro
Libro
Descargar PDF