90 anos de radio

O 27 de outubro de 1935 foi para a cidade de Lugo unha data histórica. Comezou a funcionar a emisora E.A.J. 68, Radio Lugo. E a cidade entrou nun mundo diferente, no señorío do Son, da Palabra e da Música. O éter comezou a poboarse de sons. Foi unha revolución sonora que, desde entón, non deixou de evolucionar, de invadir o mundo.

A radio era daquela un fenómeno que estaba invadindo Europa, e polo tanto España, e por fin Galicia.

Se ao comezo foi Radio Lugo en solitario durante trinta e dous anos, e logo apareceu Radio Popular -completando Radio Monforte o panorama radiofónico provincial-, produciuse logo a explosión das novas frecuencias para emisoras, que enriqueceu definitivamente a nosa posibilidade de elección.

A radio nas nosas vidas foi cada vez máis presente. Cada vez máis activa, foron tendo e teñen presenza e vida na nosa cidade Radio Nacional de España, Radio Galega, Radio Voz, Onda Cero... coas súas emisoras especializadas.

Cumprindo 90 anos na cidade, a Radio é cada vez máis nova e máis viva.

Data
Setembro 2025
Colaboramos con
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Xunta de Galicia
Deputación de Lugo
Concello de Lugo
UNED Lugo
GaliciaDigital
Tarefa
Coordinación do proxecto
Desenvolvemento da exposición
Materiais
Ver exposición en Museo Virtual Egeria