
Lugopoética 2026 vaise celebrar no primeiro semestre de 2026, co apoio da Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria.
Serán 6 encontros de “parellas poéticas”, e o desenvolvemento será como o das edicións anteriores: Os encontros faranse cara ao público na sede lucense da UNED, serán gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por Internet.
Serán sesións públicas de arredor dunha hora e media de duración, coordinadas por Xosé Carlos Ulloa, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo.
Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección de obras dos poetas participantes.
LUGOPOÉTICA naceu en 2024 con vocación de continuidade, e esta terceira edición pretende continuar con estes encontros que reflicten a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.
Este ano contaremos coa participación de Diana Varela Puñal, Chelo Gayoso Díaz, Alicia Fernández Díaz, Elena Pérez López, Xosé Lois García, Ramón Rodríguez Porto, Martiño Maseda Lozano, Beatriz López Dourado, Eduardo Carreira López, Ánxela Gracián, Ana Mar Fraga Rábade e Montse González Álvarez.
- Data
- Febreiro - Xuño 2026
- Colaboramos con
- Xunta de Galicia
- UNED Galicia
- Tarefa
- Coordinación do proxecto
- Edición e publicación do libro
- Materiais
- Descargar folleto (PDF)
- Máis Información
- Web Lugopoética 2026
