Yolanda Díaz Gallego: Teatro. Tres obras en lingua galega

Estas tres obras teatrais, de temática dispar, mecidas, ás veces, por circunstancias intransixentes, foron representadas altruistamente durante varias temporadas baixo a dirección de Yolanda Díaz Gallego nas principais salas de teatro de cidades catalanas como Barcelona, Lleida, Cornellà, Terrassa, Sabadell, Sallent, La Llagosta ou Rubí, coa colaboración da Xunta de Galicia, Generalitat de Catalunya, Concellos, Deputación, centros culturais e sociais, empresas e particulares. Actuouse tamén nas cidades de Ourense, Pontevedra, A Coruña e Lugo, e en vilas como Monforte de Lemos, Samos e Sarria.

De todas recibimos agarimo e cálidas felicitacións.

Os e as interpretes eran galegos e galegas afincados en Barcelona, que sostiñan que a cultura é ben universal, e dos que o xornal El Progreso preguntábase nunha publicación si “realmente só eran afeccionados”, valorando a calidade do traballo e mensaxe ofrecido por algúns dos participantes.

Resultaba un excelente equipo!

Data
Febreiro de 2026
Colaboramos con
Xunta de Galicia
Tarefa
Edición e publicación do libro
Edición e publicación de tres cadernos
Materiais
Tres obras en lingua galega
Caderno: A ficción tamén atrapa
Caderno: Non o podo crer
Caderno: O retorno