Lugopoética 2025

Lugopoética 2025 vaise celebrar no segundo semestre de 2025 co apoio da Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria.

Serán 6 encontros de “parellas poéticas”, e o desenvolvemento será como o da edición de 2024: Os encontros faranse cara ao público na sede lucense da UNED, serán gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por Internet.

Serán sesións públicas de arredor dunha hora de duración, coordinadas por Xosé Carlos Ulloa, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo.

Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección de obras dos poetas participantes.

LUGOPOÉTICA naceu en 2024 con vocación de continuidade, e esta segunda edición pretende continuar con estes encontros que reflicten a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.

Este ano contaremos coa participación de Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro, Xoan Neira, Toño Núñez, Manuel Regal, Xosé Antón Miguélez, Ana Vila Portomeñe, Paco Ledo, Lucía López Cancio, Mar Ferreiro Rozas e Gustavo Díaz Rey.

Data
Outubro-Decembro 2025
Colaboramos con
Xunta de Galicia
UNED Galicia
Tarefa
Coordinación do proxecto
Edición e publicación do libro
Materiais
Descargar folleto (PDF)
Máis Información
Web Lugopoética
Web UNED
Web Xunta