Lugopoética 2024 celebrouse no primeiro semestre de 2024 co apoio da Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria. Foron 6 encontros de poetas consagrados/as e noveis para contrastar a súa obra, homenaxear aos veteranos e potenciar a carreira dos novos creadores: 3 escritores e 3 escritoras de longa e frutífera traxectoria, e outras tantas voces novas que camiñan de xeito firme polos vieiros da poesía de Galicia.
Os Encontros fixéronse cara ao público na sede lucense da UNED, e foron gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por internet. Interviñeron:
Xosé Otero Canto / Antonio Calvo Varela
Baldomero Iglesias, Mero / Fco. Javier Neira Pampín
Lois Pérez Díaz / Daniel Irimia
María Xosé Lamas / Brenda Mondelo
Olga Novo / Cristina Corral Soilán
Marica Campo / Eva Teixeiro
Foron sesións públicas de máis dunha hora de duración, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo. Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección da obras dos poetas novos, “avalada” polos consagrados, e o xuízo dun especialista en literatura galega da UNED sobre o froito poético das doce voces mencionadas.
Nestas xornadas, o coordinador presentou ao poeta consagrado, que leu e comentou o seu poema máis significativo; presentou logo ao novo poeta con igual tratamento, e a continuación suscitou o diálogo entre poetas, con lectura e comentario da poesía do poeta novo. LUGOPOÉTICA 2024 nace con vocación de continuidade, pretendendo seguir no futuro con similares Encontros que reflictan a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.
- Data
- Febreiro - Xuño 2024
- Colaboramos con
- Xunta de Galicia
- UNED Galicia
- Tarefa
- Coordinación do proxecto
- Edición e publicación do libro
- Materiais
- Descargar folleto (PDF)
- Máis Información
- Web Lugopoética
- Web UNED
- Web Xunta