Vocabulario de Paradela

Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o Colectivo Egeria reeditou o libro VOCABULARIO DE PARADELA, de Manuel-Ramiro Pallares López.

Manuel-Ramiro Pallares, escritor, investigador, avogado e secretario de Administración local, naceu na Abelaira (Paradela) en 1911, e morreu en 1994 en Paradela, onde residía desde a súa xubilación. Investigou na cultura e na lingua do seu concello, e froito desas investigacións escribiu un refraneiro e un cancioneiro (que non se deron recuperado ata agora) e o VOCABULARIO DE PARADELA, do que a primeira edición foi publicada pola Deputación Provincial de Lugo en 1990.

Estando totalmente esgotada aquela primeira edición, trinta e dous anos despois, o Concello de Paradela impulsou unha segunda edición facsimil da anterior, de acordo co Servizo de Publicacións da Deputación e a familia do escritor, con motivo de que Paradela celebre os 200 anos da súa creación como Concello.

Este Vocabulario, exhaustivo e profundo, comprende as partes do corpo, nomes de familia, partes da casa, o carro e instrumentos de labranza, moblaxe, traballo do campo, da casa e artesán, muíño, festas, indumentaria, alimentos, plantas, animais, o tempo… e resulta un instrumento imprescindible para comprender a vida e a sociedade do concello de Paradela.

Data
Decembro 2022
Colaboramos con
GaliciaDigital
Concello de Paradela
Xunta de Galicia
Endesa
Abanca
Tarefa
Coordinación, edición e impresión do libro
Libro
Descargar PDF