"Ribadenses Destacados. 44 Biografías. Séculos XIX a XXI" é unha obra coordinada por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, e editada polo Colectivo Egeria, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este libro recompila biografías de diferentes persoeiros que destacaron como artistas plásticos, músicos, xornalistas, mestres, intelectuais, científicos e inventores, políticos, xuristas, empresarios e benefactores que naceron, viviron ou desenvolveron unha parte significativa da súa obra en Ribadeo. Entre eles aparecen tres mulleres: Manuela Barreiro, Corona González e Luz Pozo.
"Ribadenses Destacados" está coordinado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e por unha Comisión Asesora formada por Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño Gamallo e Chemi Lombardero Rico. Está escrito por un total de 18 autores ribadenses, que ou ben tiveron unha relación especial cos biografados ou son recoñecidos investigadores da historia local. Conta con debuxos de Juan López Rico e unha portada de Fernando F. Paez, tamén nados nesta vila, polo que este libro pode considerarse como unha obra colectiva de ribadenses que tentan recuperar do esquecemento a homes e mulleres que co seu traballo singular, a súa proxección pública ou a súa dedicación ao engrandecemento e benestar de Ribadeo, merecen o recoñecemento e agradecemento de todos.
- Data
- Novembro 2022
- Colaboramos con
- GaliciaDigital
- Xunta de Galicia
- Tarefa
- Coordinación, edición e impresión do libro
- Libro
- Descargar PDF