Este venres, 11 de maio, pechouse a recollida de firmas apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao cura e musicólogo Xesús Mato. Finalmente recibíronse no Concello de Paradela (entidade promotora) un total de 2.538 adhesións.
Destas adhesións, 2.299 son individuais, e 239 de entidades, asociacións, institucións ou empresas. A estas hai que sumar 705 firmas na web change. org. Aínda que se dá por finalizada a recollida de adhesións, todas as que se reciban con posterioridade serán canalizadas ao Concello de Paradela para que as faga chegar á Vicepresidencia da Xunta de Galicia. En nome dos amigos de Xesús Mato, agradecemos as mostras de solidariedade recibidas.