Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da Luz

Edición do Concello de Guitiriz con motivo da entrega a Alfonso Blanco Torrado do título de Fillo Adoptivo de Guitiriz, o sábado 24 de novembro de 2018, acordado por unanimidade do Concello o 26 de xullo do mesmo ano, polo excepcional traballo cultural e social realizado desde Guitiriz na comarca da Terra Chá.

Alfonso Blanco Torrado, grande da Terra Chá, recibe a homenaxe do pobo no que vive e ao que serve, quedando este libriño como testemuña de amizado e admiración de trinta creadores que cos seus poemas certifican que Alfonso de Guitiriz (como xeralmente é coñecido) ten feito de Guitiriz un centro do noso mundo chairego, cheo de vida, de cultura, de ilusión e de luz.

En "Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da Luz", 30 poetas coroan a Alfonso Blanco Torrado: Carmen Blanco, Darío Xohán Cabana Vázquez, Luz Campello, Marica Campo, Lois Diéguez, Xoán Xosé Fernández Abella, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé Lois García, Camilo Gómez Torres, Luis González Tosar, Bernardino Graña, Xoán Lagostelle, María Xosé Lamas, Xulio López Valcárcel, Paco Martín, Martiño Maseda, Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Xosé Antón Miguélez, Xoán Neira, Xosé Otero Canto, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Antóm Santamarinha e Helena Villar Janeiro.

E os do alén, Enrique Alvarellos, Bernardo García Cendán, Manuel María, Xosé Trapero Pardo e Fiz Vergara Vilariño.

Data
Novembro 2018
Colaboramos con
Concello de Guitiriz
Comunidades de Montes de Guitiriz
Veciñ@s de O Vilar
Xermolos
Tarefa
Coordinación da edición
Libro
Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da Luz