Foron quince anos os que Ricardo Carballo Calero residiu en Lugo, se ben antes, e especialmente despois, tivo importante relación coa nosa cidade. E cando por fin se lle dedica o agardado Día das Letras Galegas, o Colectivo Egeria faise voceiro de ducias de alumnos/as da súa etapa lucense para destacar o seu vencello coa cidade, e o impacto que Lugo e as súas xentes produciron no noso profesor e escritor. Noso, por vivir connosco, e por quedar vinculado coa cidade para sempre.
Nado en Ferrol en 1910, moi neno afeccionouse ao teatro. Orfo de nai aos nove anos, aos dez aproba ingreso e primeiro curso no Instituto Eusebio da Guarda de A Coruña e aos quince xa é bacharel e ingresa na Universidade. Con vinte e un, remata brillantemente a carreira de Dereito
Posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras, a súa primeira vocación, tendo como compañeira de estudos á lucense de Baleira María Ignacia Ramos, coa que casou en 1933.
Membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador de “Nós”, publicou en 1928 o seu primeiro poemario, “Trinitarias”, e en 1931, xa en galego, “Vieiros”, no que hai un poema sobre o parque lucense. Polo seu prestixio, encargóuselle o discurso de apertura do curso 1930-31, e o “Informe sobre a entrada da forza pública na Universidade”.
En 1950 chega a Lugo para poñer en marcha un especial proxecto educativo, ao que se dedicará en corpo e alma, de xeito que cando Ramón Reimunde escribe a historia dos seus anos lucenses titúlaa “Cautivério de Fingoi”. E nós, diante destes quince anos en Lugo, titulamos esta lembranza “Don Ricardo de Fingoi”.
- Data
- Xaneiro - Decembro 2020
- Colaboramos con
- Xunta de Galicia
- Colexio Fingoi
- Real Academia Galega
- GaliciaDigital
- Tarefa
- Exposición itinerante, libro e folleto informativo.
- Dirección do proxecto
- Web
- https://carballocaleroenlugo.colectivoegeria.org/
- Libro
- Carballo Calero en Lugo